As farmacias do Carballiño farán test rápidos gratuítos a todas as persoas que o soliciten. Trátase dunha medida pioneira en España impulsada pola Xunta.

16, Outubro 2020

As farmacias do Carballiño que se sumen voluntariamente a esta inciativa comezarán de forma inminente a facer tests rápidos de antíxenos á poboación de maneira voluntaria. Trátase dunha iniciativa pioneira en España, da que tamén participarán outras farmacias de concellos da provincia con máis incidencia Covid entre a poboación, entre elas as do Irixo e Boborás.

O presidente do Colexio de Farmaceuticos de Ouernse, Santiago Reyes, confirmou a COPE O Carballiño que están no proceso de adhesión a esta iniciativa por parte da farmacias, que tamén é voluntario. Estes test serolóxicos poderán ser solicitados polos cidadáns de maneira gratuíta a través dunha cita por internet na páxina Web do Colexio de Farmaceuticos ou na propia oficina de farmacia e, no caso de resultar positivo, a persoa será citada para facer unha proba PCR posterior nalgún centro do Sergas.

Desta maneira, trátase de “incrementar a capacidade diagnóstica” nos municipios cunha incidencia de infeccións por coronavirus máis elevada. Para iso por parte da Consellería de Sanidade estableceuse unha colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Ourense que, segundo o presidente dos farmaceuticos é “pioneira” en España, polo que esta asociación espera que poida servir de exemplo para outras farmacias de Galicia e España.