Feijóo e Marnotes vaticinan "a defunción do bipartito"

7, Maio 2011

Primeiro mitin de campaña e primeiro cheo a rebosar no auditorio do Carballiño, cun público de todas a idades e moi atento, case en silencio sepulcral cando subíu ó escenario o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que centrou gran parte da súa intervención en asuntos da política nacional e autonómica,  falou"dos case cinco millóns de parados de Zapatero" e "do despilfarro do bipartito, que fixo obras que non pagou", e como exemplo puxo Feijóo "as autovias que aínda temos que estar pagando durante oito anos". O Presidente autonómico propuxo neste mitin do Carballiño un "código de responsabilidade económica" no que prime a austeridade, a planificación e o equilibrio nas contas". Tamén se amosou partidario de que os Alcaldes se poñan límites "razonables" ós soldos que teñan en función dos seus cargos. Por suposto, que tivo aínda tempo para declarar o seu apoio a Argimiro Marnotes e Ó Carballiño "co que a Xunta está comprometida" e como exemplo dixo que " en plena crise estamos licitando o parque comarcal de bombeiros e distintas actuacións por importe de 34 millóns de euros". Marnotes avanzou algunhas das prioridades dentro do programa electoral do Partido Popular, entre as que se atopa un plan de emprego municipal, creación de máis solo industrial, a fundación dun patronato para a festa do polbo, medidas de apoio ó comercio local, ampliación e modernización do centro de maiores, apertura dun centro de dia, plan local de seguridade e mobilidade, actualización do PXOM, construcción dun novo centro sanitario e estación intermodal de transportes, entre outras. Finalmente, o Candidato dos Populares á Alcaldia do Carballiño, que augurou nestas eleccións "a defunción do bipartito", comprometeu a súa palabra para "ser un Alcalde que dirá sempre a verdade, que xestionará os recursos cos que conta, que non gastará o que non teña e que implicará a veciños e veciñas na toma de decisións".