A feira deste sábado 16 reducida a postos de agro, alimentación e polbeiras

14, Xaneiro 2021

O concello do Carballliño ven de comunicar que a primeira feira do ano, a deste sábado dia 16 de Xaneiro, veráse reducida a productos de proximidade, agro, alimentación e polbo, que poderán ubicarse nos seus lugares habitúais dun dia de feira. Desta maneira cúmplese coa normativa e as restricións do coronavirus que entran en vigor este venres e afectan a O Carballiño, comunican dende o concello, unhas restricións como a de mobilidade, que impedirán aos veciños residentes noutros concellos poder achegarse á feira.