A Feira do Stock do CCA e a ruta das tapas de verán animan a fin de semana carballiñesa

19, Agosto 2016

Do venres 19 ao domingo 21 de Agosto a Praza Maior do Carballiño acolle a IX edición da Feira do Stock que organiza O Carballiño Centro Comercial Aberto.

Un total de 24 establecementos comerciais participan este ano neste evento, que sorteará ata 1.000 euros en premios entre todos os clientes que acudan ata a Praza Maior.

O horario de apertura será de 19 a 23 horas o venres, mentres que sábado e domingo os stands permanecerán abertos en horario de 11 a 14 horas, e de 17 a 22 horas.

Ademáis, coincidindo con esta Feira do Stock, O Carballiño Centro Comercial Aberto celebra,sábado e domingo, unha nova edición da ruta das tapas de verán.