Feministas maniféstanse ante o club de Listanco no que traballaba Mila contra a explotación sexual das mulleres, non creen que "sexa un caso aillado"

18, Marzo 2022

Feminsitas da Asociación de Mulleres pola Igualade do Carballiño  e do colectivo "Feministas de Galicia" concentráronse na tarde deste venres ante o club Ninfas de Listanco, en Maside, en sinal de repulsa pola morte de Mila Marchetti,  a muller brasileira que foi encontrada morta en extrañas circustancias na madrugada do pasado domingo na planta de tranferencia do lixo do Carballiño.

A manifestación feminista tivo lugar horas despóis de trascender nos medios que as conclusións da investigación da Policia Xudicial sobre este suceso apuntan á morte accidental desta muller, polo que se descarta unha morte homicida, unha versión que non convence as convocantes do acto desta tarde, no que tamén famifestaron a condena á explotación sexual das mulleres.