Fernández: "temos un concello saneado e con superavit cando a maioría están endebedados"

6, Decembro 2013

O Hotel Monumento de San Clodio acolleu o Congreso Local do Partido Popular en Leiro.  

Os compromisarios amosaron o seu apoio unánime á candidatura única, liderada por Francisco José Fernández Pérez, que revalidou deste xeito a confianza dos militantes populares.

O recén reelixido presidente local transmitiu no seu discurso que “dende Leiro e dende tódolos gobernos municipais do Partido Popular se traballa a reo, aínda que moitas veces non se visualice ese esforzo. Por eso debemos asumir como reto a necesidade de explicarlle ben aos noso veciños todo o que estamos a facer e que, sobre todo, sabemos facer as cousas ben”. Puxo como exemplo Francisco José Fernández Pérez a situación económica do Concello de Leiro, que él preside como alcalde: “Temos un Concello saneado e con superávit, cando no resto da comarca do Ribeiro a meirande parte dos municipios están endebedados”.

Outro dos retos que sinalou o responsable local dos populares é o relanzamento das Novas Xeracións do PP en Leiro. “Hai anos que xa estaban creadas, pero é o momento de relanzalas e darlle un pulo para que os máis novos do municipio se impliquen en política”, dixo.

 Trala intervención do presidente local electo, tomou a palabra o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, quen felicitou á candidatura e a todo o Partido Popular de Ourense, tanto polo seu intenso traballo, como polo proceso de renovación das xuntas locais que está en marcha. Neste senso, alabou o compromiso feito público polo presidente provincial, consistente en que estarán renovadas 40 das 92 xuntas locais da provincia antes das Eleccións Europeas de 2014.

O presidente provincial, Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local dos populares en Leiro. Agradeceu na súa intervención a Francisco José Fernández o compromiso amosado cos máis novos, sinalando que “a xuventude é o futuro do PP e, como tal, debemos potenciar aos xóvenes para que se impliquen en política”. Ademáis, no tocante ao compromiso adquirido polo presidente local de explicar o traballo realizado polos populares, Manuel Baltar incidiu "nas tres ces: comunicación, coordinación e cooperación. As tres claves fundamentais para manter e incrementar a confianza nas políticas postas en marcha polos populares".