Festa do Cabalo en Maside, a dos Callos en Piñor, e a do Rosario en Pereda, nunha fin de semana de outono con ambiente festivo na comarca.

7, Outubro 2022

Fin de semana con destacados acontecementos festivos na comarca do Carballiño, esta segunda do mes de outubro, que se presenta con tempo e temperaturas típicamente do outono, e cun aumento das nubes cara o domingo.

A veciñanza da Pereda, no concello de San Cristovo de Cea, recupera na noite deste venres 7 de outubro a tradición da ruta das adegas, con invitación a viño, licores e pinchos, que ofrecen de balde e coa animación musical do grupo de acordeóns "Lereto". O Sábado 8 en Pereda haberá festa e verbena no grupo Master e as 23:30 h. a actuación estelar da cantante galega Pili Pampín. O domingo 9 celebraráse ás 13:00 h. a misa solemne na honra á Virxen do Rosario, á que seguirá unha sesión vermút amenizada cun grupo musical.

O domingo 9, a paraxe natural do Puzo do Lago acolle a XXXII Festa do Cabalo do Concello de Maside. Pola mañá, dende as 10:00 horas haberá ruta cabalar, e tamén competicións de andadura chapeada e trote montado. Xa pola tarde, celebraránse os concursos de andadura serrada, trote enganchado, galope e burros.

E tamén, o domingo 9, no campo da festa do Arenteiro terá lugar a V Festa dos Callos do Concello de Piñor, cun xantar por 15 euros para un menú con empanada, xamón, callos, postres, bebida e café. Un grupo musical animará o evento, que contará ademáis cunha concentración de motos clásicas e hinchables gratuítos para o público infantil.