A Festa do polbo convoca a miles de persoas, que a organización eleva a 80.000

14, Agosto 2011

Xornada pletórica para O Carballiño, cheo a rebosar na hostelería local, nas tabernas ambulantes do parque cartel de completo á hora punta do xantar, fin de semana redonda para a restauración carballiñesa e nos hoteis, as preto de 500 prazas dispoñibles, con ocupación plena desde varios dias antes. Miles de persoas  volveron acudir a gran polbada de Galicia, a festa do polbo do Carballiño volveu amosar o seu gran poder de convocatoria atraendo a miles de persoas. Unha cifra sempre difícil de calcular decía O Alcalde Argimiro Marnotes " as estimacións de asistencia, falando coa xente de Protección Civil e a Policia Local é que estaríamos arredor das 80.000 persoas, e unhos 20.000 kilos de polbo vendidos". Ademáis, para poñer a guinda mediática e de difusión da festa e O Carballiño, Mariano Rajoy apareceu en practicamente todos os telexorais televisivos falando desde o parque do Carballiño, e a practica totalidade das grandes cadeas de radio españolas reflectiron a presenza de Rajoy na festa carballiñesa.

A súa chegada ó parque municipal, o lider do Partido Popular manifestou que "para mi es una satisfacción y un honor estar en esta fiesta del pulpo en Carballiño, una ciudad dónde yo, por cierto, viví los primeros años de mi vida, el pulpo es un producto de Galicia por excelencia y además en esta ocasión se produce algo que yo considero importante, y es que esta fiesta apoya a una parte de nuestro país que ha sufrido consecuencias graves, en este caso uno de los productos emblemáticos españoles como es el pepino". Xa no acto oficial de recepción ás autoridades, que por vez primeira na historia da festa se celebrou na explanada de entrada do parque, Rajoy felicitou "al ayuntamiento por esta fiesta tan emblemática de nuestra tierra, Galicia, y por manifestar este apoyo a estas persoas que han tenido muchas dficultades con aquellas acusaciones que luego se demostraron falsas". Mariano Rajoy ainda tivo tempo, despois de dar un paseo dunha hora de duración polo parque, picar unhas talladas de polbo nun dos 32 postos instalaron este ano as súas caldeiras, fotografiarse e saudar a todos cantos se lle aproximaban, escoitandose en algunhos momentos do percorrido a grupos de persoas que corearon o "Presidente, Presidente", ó seu paso.

O Alcalde do Carballiño, que antes de despedir a Rajoy lembroulle que "ó próximo Presidente de España, e aquí temos con nós a un aspirante, recordarémoslle que esta festa merece xa o recoñecemtno internacional, queremos que a nosa festa do polbo sexa declarada de interés turístico internacional,  e imos traballar para conseguilo". Marnotes, na primeira festa "que me toca organizar", agradeceu nos micrófonos de Cope O Carballiño "o inmenso traballo dos traballadores do Concello que se volcaron con esta festa, igual que o resto das 220 persoas que formaron o operativo de organización e seguridade". O Rexidor Muncipal sentiase, xa a última hora da tarde "cunha satisfacción inmensa, porque vese que o pobo está volcado en corpo e alma coa nosa festa, vese que o pulpo no Carballiño é un sentimento, e o polbo aínda ten moito que dar Ó Carballiño, aínda tén moitos éxitos económicos que dar á nosa vila", concluíu.

Finalmente,  o tempo acompañou e o xantar oficial celebrouse no escenario tradicional, no parque, onde comeron 1.350 persoas, e onde chamou a atención a reducción no cupo de invitados, tan solo 250 este ano, fronte os 650 do ano pasado, o que propicíu un aumento nas tarxetas de pago, que foron 1.100. Resulou moi discreta a presencia de políticos, outrora masiva, malia a visita de Rajoy, a asistencia de cargos do Partido Popular foi bastante discreta, estivon presentes os Consellerios de Eduación, Xesús Vázquez, e Presidencia, Alfonso Rueda, e ao xantar acudiron algunhos Alcaldes -non todos- das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Ao recinto oficial, tamén acudíu a Corporación Muncipal do Carballiño case ó completo, case, xa que foi moi comentada a ausencia da Concelleira Socialista, Maria José Pérez, a esposa do Ex-Alcalde do Carballiño e na actualidade Secretario Xeeral do PsdG-PSOE, Pachi Vázquez, que por vez primeira en 16 anos non se deixou  ver na festa do polbo. Sí estiveron presentes os concellais do grupo municipal socialista, có seu portavoz á cabeza, Paco Fumega declarou que "49 son moitos anos, é xa unha longa historia en positivo para O Carballiño, unha festa que é un encontro para os veciños do Carballiño e para desmostrar o carácter hospitalario que ten este pobo". Aúrea Francisco, a portavoz do BNG, aproveitou os micrófonos de Cope O Carballiño para poñer de manifesto novamente unha reivindicación que a concelleira nacionalista ven repetindo nos últimos anos da festa " hai que buscar solucións para esta agresión que cada ano tén o parque, hai que cambear cousas, e buscar solucións para as zonas do paque que están agónicas pola erosión, hai que buscar saídas porque estamos matando a galiña dos ovos de ouro, que é o paque", remarcou.