A Festa do Polbo deste ano estará dedicada á Comunidade Cisterciense do Mosteiro de Oseira

15, Xuño 2010

Nin ó País Vasco, como inicialmente se pensou, nin tampouco ó Xacobeo 2010 como propuxera o Partido Popular, finalmente, o Concello do Carballiño decidíu dedicarlle este ano a festa do polbo á Comunidade de Monxes Cistercienses de Santa Maria a Real de Oseira. Asi a anunciaron o Alcalde Carlos Montes e mailo Concelleiro de festexos Francisco Gómez, que adiantaron ademáis que por tal motivo a presentación oficial que cada ano se fai da festa vaise trasladar nesta ocasión a ún dos claustros do Mosteiro de Oseira, moi probablemente o primeiro ou segundo venres do vindeiro mes de xullo. Montes xustificou esta dedicatoria non só por deberselle ós monxes de Oseira a introducción e popularización do polbo na nosa comarca "senón tamèn pola relación histórica de Oseira coa vila do Carballiño, xa que as primeiras feiras que se celebraron no Carballiño tiveron lugar en terreos que eran dominio do Mosteiro de Oseira".