A Festa do polbo deste ano estará dedicada ó sector productivo do pepino español

15, Xuño 2011

Ainda como Alcalde en Funcións e unhos dias antes de rematar o seu mandato municipal, o Ex-Alcalde Carlos Montes viaxaba a cidade alemana de Oberhausen, e ó seu regreso deixaba sobre a mesa unha proposta, dedicarlle a festa do polbo deste ano a Alemania, en sinal de gratitude pola gran campaña publicitaria da que se beneficiou O Carballiño con motivo da historia do polbo "Paul". A proposta queda en suspenso, o novo Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes adiantou hoxe no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio que "está decidido que non se lle vai dedicar a Alemania, por varias razóns, entendemos que non é o momento, non somos merecedores de que O Carballiño saise nos medios de comunicación por facerlle un desprecio a un producto do territorio nacional con esta invitación a Alemania, e ademáis a este país xa se lle dedicou unha edición". A decisión do novo goberno municipal do Carballiño é dedicar a festa do polbo deste ano ó sector productivo do pepino español, afectado nas últimas semanas pola crise que estivo provocada precisamente polas falsa alarma orixinada en Alemania en relación a un brote infeccioso do que inicialmente se culpou ó pepino español, que sufríu por este motivo cuantiosas pérdidas económicas.