Festas do Setembro 2018: consulta aquí toda a programación festiva

31, Agosto 2018

Seis orquestras (París de Noia, Los Satélites, La Fórmula, Nevada. Ibiza e Principal): dous concertos (The Real Story Dire Straits –Tributo a Dire Straits, e Los Mecánicos – Tributo á música pop dos 60-70-80); tres bandas de música (Coribantes, A Lira co Orfeón do Carballiño, e a Banda Escola de Música do Carballiño); dúas charangas (Dr. Anchoa e Castro Vello), así como unha sesión de fogo e diversas actividades infantís e deportivas, conforman o programa festivo do San Cibrán 2018, que se desenvolverá do 14 ao 19 de setembro.

Na semana anteirior o inicio das festas, os días 6, 7 e 8 de setembro terá lugar unha nova edición da Feira-Festa de Artesanía da Pepa Loba.

No arquivo adxunto podes consultar os horarios e todas as actividades do progrma festivo: