As Festas do Setembro reducen o seu orzamento atá os 83.000 euros, cunha programación "que pretende chegar a todos os barrios"

5, Setembro 2011

Descentralizar as festas e trasladar as actividades a todos os barrios do Carballiño, será éste ún dos obxetivos da comisión de festas para este ano, "levar as festas do Carballiño a todo o pobo", decía José Luis Alves, que actúa como coordenador do equipo organizador que terá o orzamento máis baixo dos últimos anos, 83.000 mil euros, dos que o concello aporta 45.000, para pagar todo o programa festivo. O Alcalde, Argirmiro Marnotes, aseguraba no acto de presentación non poder ofrecer os datos económicos das últimas festas, "non podo contestar a esa pregunta porque estamos tendo moita complicación para sabelo", dixo. Nos últimos anos, os orzamentos que se facían públicos, estaban todos eles por enriba dos 100.000 euros.

A programación de actividades abriráse o dia 14 cun concerto no que actuarán varios grupos musicais do carballiño. Do 15 ao 19 sucederánse as verbenas, que estarán amenizadas por 9 orquestras: D´¨Moda, Ledicia, Ismael, Amistad, SuperT, América, Asia, Nevada e Fantasía. Os dia 19 actuará unha única orquestra, e os dias 15, 16,17 e 18, alternarán dúas orquestras para amenizar os 4 dias centrais das festas. Para a animación musical das rúas e os barrios carballiñeses foron contratadas 4 charangas, Castro Bello, N.B.A., Air Galicia, e a Filatrónica do doctor Anchoa. Completan a programación musical, grupos de gaiteiros, que acompañarán a comparsa de cabezudos, e as bandas de música do Carballiño, que acompañará a procesión do patrón San Cibrán o dia 16, e a banda de música de Noia, que ofrecerá pasarúas e concertos o dia 17.

As dúas sesións de fogos de lucería manteñense nos seus dias tradicionais, 16 e 17 de setembro, e estarán este ano a cargo da pirotécnia "La Gallega", que xa ven participando nestas sesións nos últimos anos, e "Pirocténia Abad" que volve este anos tras varios de ausencia. Desde hoxe mesmo comezará a distribuirse o cartel anunciador deste San Cibrán 2011, obra da artísta carballiñesa Ari Quintas.