Festas do Setembro: unha "Montaña Rusa de última xeneración" instalaráse na Praza da Veracruz. Os fogos trasladanse á entrada do parque e os concertos das bandas á Pza. Emilia Pardo Bazán

8, Setembro 2017

Unha montaña rusa de última xeración será a gran novidade das atraccións de feira durante as festas patronais do Carballiño, que se celebrarán do 14 ao 19 de setembro.

A noticia foi anunciada polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manolo Dacal e Diego Fernández, conjuntamente con dous membros da comisión de festas, durante a presentación do Libro/Programa de man das festas, que xa está na rúa.

Ambos aseguraron que se trata dunha atracción espectacular para todos os públicos, que é a primeira vez que acude á provincia de Ourense, e que de feito virá directamente da Semana Grande de Bilbao, que é a fsta máis popular do País Vasco.

Tamén dixeron que “esta atracción necesita moito espazo (40 x 20 metros, e unha altura de 15 metros), e que se ubicará na parte superior da Praza da Veracruz (anfiteatro), que é o único lugar do Carballiño onde ten cabida. Por iso replantexamos a situación doutras atraccións e dalgúns concertos e actividades que estaban previstos inicialmente nesta praza”.

Ao carón desta montaña rusa irán outras grandes atraccións, como a Barca Pirata e o Saltamontes, entre outras, conformando un novo espazo de atraccións de feira e algún postos máis.

Según dixeron os concelleiros, “cremos que as atraccións son unha parte moi importante das festas patronais do Carballiño e quixemos darlle un aire novo. Por iso imos repartir as atraccións entre a Alameda, a Praza do Emigrante, a Praza Irmáns Prieto, Xullo R. Soto, Conde Vallellano e a Praza da Veracruz. E por iso logramos traer esta montaña rusa que será a gran novidade destas festas e que vai atraer a moita xente da comarca e da provincia”.

“Evidentemente –aseguraron os concelleiros-, temos os informes pertinentes de Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil para garantir calquera emerxencia”. Dixeron tamén que “este ano subscribimos un contrato cunha enxeñería para verificar que estas atraccións cumplan con todas as medidas de seguridade. Esto nunca se fixo”.

FOGOS E CONCERTOS

Pero non foi esta a única novidade que anunciaron Manolo Dacal e Diego Fernández, senón que tamén se referiron ao cambio de ubicación da sesión de pirotécnia da noite do sábado 16 de setembro.

Así, dixeron que “xa non se trata só de que non temos espacios axeitados no Carballiño para ubicar grandes atraccións, senón que os estoupidos dos morteiros podían acabar creando problemas de afectación ao noso monumento máis emblemático como é o templo da Vera Cruz, sobre todo á torre.

E por iso estudiamos unha nova ubicación para botar os fuegos. Naturalmente, pedimos informes da Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil, e por iso acordamos que o mellor lugar para botalos é a explanada da entrada do parque municipal, xunto á estatua dos Irmás Prieto, pois conta con todos os informes favorables de seguridade e está a cinco minutos do centro do pobo. É un espazo amplo, sen edificios altos arredor e hai moito lugar para que a xente poida velos con comodidade e sobre todo con seguridade. E incluso hai moito aparcamento na Avenida do Parque para quen se desplace dende fóra en coche”.

Por outra parte, os concelleiros cren que “con estes cambios se consigue que a xente se mova do norte ao sur da vila, dende a Veracruz ao Parque, pasando pola Praza do Emigrante, pola Alameda, pola Praza Mayor, pola Praza Emilia Pardo Bazán e ainda que sexa só unha noite, ata a entrada do Parque”.

“Así pois -dixeron-, recuperamos espazos que apenas se utilizaban hai tempo, como é a Praza de Emilia Pardo Bazán, onde serán os concertos das bandas e do Orfeón, e haberá un Tributo á música dos 80. E aproveitamos mellor a Praza da Veracruz, con atraccións, postos de feira, o Festival dos grupos de pop e rock do Carballiño e a actuación da orquestra-espectáculo París de Noia. E teremos todos os días unha boa orquestra na Praza Maior. E polo tanto conseguimos extender a festa incorporando máis espacios para os espectáculos e as atraccións”.