Festivo local no concello de Boborás para celebrar a romaría da Saleta en Astureses

19, Setembro 2018

Bo tempo e extraordinario ambiente dende as primeiras horas da mañá na mellor e maís concurrida romaría da comarca, a que se celebra neste 19 de Setembro na Saleta, na parroquia de Astureses. Como é tradicional, a xornada coincide co dia festivo de carácter local decrretado polo concello de Boborás.

O momento álxido para os devotos da Saleta é a procesión e misa solemne que se celebra a primeira hora da tarde, despois o tradicional xantar campestre, este ano amenizado coa música do grupos Eclipse, Os Biruxes e a Nova Banda de Música de Cea. Pola tarde-noite actuará a orquestra La Oca Band.