Fin de semana con ambiente tradicional no Barrio de Flores coa Feira-Festa de Artesanía da Pepa Loba

8, Setembro 2018

Unha emotiva homenaxe ás rosquilleiras, a quen se dedica este ano a feira, abríu na tarde do venres a programación de actividades desta edición da Feira da Pepa Loba, que dende fai 22 anos se ven celebrando no barrio de Flores, no Setembro do Carballiño e como actividade previa as Festas Patronais de San Cibrán.

Para a xornada do sábado dia 8 temos apertura da feira ás 12 do mediodia, demostración de en vivo dos vellos oficios e amenización musical coa agrupación Os Serandeiros.

O entorno da Fonte de Flores acolle unha lectura colectiva do libro de Aurelio Miras Azor "La Juventud de Pepa Loba". Pola tarde, dende as 5 campionato de birisca para mulleres, e xa as 7 chegará o momento culminante da programación, coa baixada da bandoleira Pepa A Loba acompañada da súa gavilla, coa colaboración do grupo teatral "Dar Trela" e os Felos de Garabás, e varias sorpresas.

As 11 da noite actuación do grupo musical "Las Antonias" de A Coruña.

Para a xornada de clausura do domingo 9, está programado un campionato de chave ás 12:30 horas na eira de Flores, para nenos, homes e mulleres e ás 14 horas celebraráse o xa tradicional xantar popular entre artesáns e veciños. Tanto pola mañá como pola tarde continuarána abertos os postos de artesanía.