Fin de semana con inchables acuáticos, patinaxe artística e o festival "A Desfeita" , entre outras actividades

28, Xuño 2019

O Carbaliño vivirá esta fin de semana, a última do mes de xuño, unha intensa actividade deportiva, cultural e de ocio.

Así, dende este venres dia 28, ás 16,00 h., na praza da Veracruz, comezará o “Verán Divertido 2019” coa apertura dos xogos inchables acuáticos e convenionais para nenos e nenas de todas as idades. Esta actividade, totalmente gratuita, desenvolverase ata as 20,00 h, e terá continuidade sábado e domingo tanto en horario matinal como de tarde.

O sábado 29 de xuño,que ademáis é dia de feira no Carballiño, ás 10,30 h., comezarán no pavillón de deportes Paco Chao o entrenamento dos patinadores e patinadoras de 20 equipos de Galicia que participan o I Torneo Terras do Orcellón de Grupos Show de Patinaxe Artística. A competición, que organiza o Club Aehde, comezará ás 17,00 h.

Ese mesmo día, ás 11,00 h., dará comezo a segunda sesión do “Verán Divertido 2019” na praza da Veraruz. Os xogos estarán abertos de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h. e  as 12,30 h., na Casa da Cultura, presentación do último número da revista do Instituto de Estudios Carballiñese “Ágora de Orcellón” e da publicación “O románico do Carballiño”, de Xesús V Gulías.

No parque municipal, na finca de As Barcias, tamén o sábado, terá lugar a cuarta edición do festival de música rock A Desfeita, cun cartel de auténtico luxo: Hamlet, Aphonnic, Maskarpone, Nube Kingston, Susie Q,s, Aixadón e Pechaduras.

A apertura das portas será ás 18,00 h. No auditorio municipal Manuel María terá lugar, ás 20,30 h., a representación da obra de teatro Morreu a tía María, de Pepe Prada, gañador do I Premio Platta 2019 en galego.

E o domingo, 30 de xuño, de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h., últimas sesións cos xogos inchables acuáticos e convenionais no arredor da Veracruz.