A Fiscalia pide a libre absolución dos ecoloxistas denunciados por entrar sen autorización na canceira

19, Outubro 2009

O xuizo quedou visto para sentencia, despois de que tanto a defensa como a fiscal pedisen a libre absolución dos ecoloxistas ós que se lles acusaba de entrar sen autorización á canceira da Medela. A denuncia fora presentada polo traballador do departamento de medio-ambiente  e encargado das instalacións, José Angel Hermida, contra catro ecoloxistas pertecentes as asociacións Amigos da Terra, Matar por matar non e Adega, que o dia 3 do pasado mes de marzo acudiran á canceira para interesarse polo seu funcionamento, do que viñan facendo un seguimento desde tempo atrás. Ese dia, ademáis encontraronse coa existencia dunha fosa na que estaban depositados varios cans mortos, o que dera lugar a unha investigación do Seprona na que se certificara tanto a existencia desta fosa como doutras irregularidades no funcionamento deste servizo municipal, asi como a desapariciòn de 76 cans. Nos dias posteriores, o traballador municipal denunciara ós ecololxistas por entrar sen permiso nas instalacións. No transcurso da vista oral, o denunciante recoñeceu que non coñecia ós ecoloxistas e que foran axentes da Policia Local os que identificaran posteriormente ós denunciados, e tamén adimitíu que no día de producirse os feitos que motivaron a denuncia non existía cartel algún que indicase a prohibición de entrada ó recinto municipal. Pola súa parte, os ecoloxistas manifestaron que detrás da denuncia agochabanse criterios políticos, en referencia ós responsables municipais do Carballiño e coa idea de "amedrentalos" na súa labor de control e denuncia pública de todas as irrregularidades que veñen delatando en relación á canceira do Concello do Carballiño. Tamén aclararon os ecoloxistas ante a Xuíz que non existía ningún tipo prohibición que advertise desta circustancia para acceder a estas instalacións públicas. Ó xuizo non compareceu ningún representante do Goberno Municipal.