"Flores de Cine" ofrécenos esta semana cine, microteatro e música

9, Xullo 2018

Esta semana o Cine Club Carballiño vai celebrar unha nova edición de Flores de Cine, cine ao aire libre no barrio de Flores, e que este ano trae ademais novidades con respecto a pasadas edicións.

O ciclo iníciase o mártes día 10 de xullo coa presentación, proxección e posterior coloquio do documental Un país de cinzas, realizado polo colectivo Galizacontrainfo. Contaremos coa presenza de Zelia García, representante do colectivo.

O mércores día 11 haberá unha pequena representación de microteatro, Naturezas, a cargo de Aarón Gallego e Carla Fernández, para a continuación proxectar todo un clásico, Casablanca.

O xoves día 12 proxectarase outra das grandes obras da historia do cinema, El séptimo sello, aproveitando que se cumplen 100 anos do nacemento do seu director, Igman Berman. Trala proxección, pecharase esta edición cun concerto de Anxo Blas, que se atopa en pleno traballo de grabación do seu primeiro disco.

As actividades empezaran todos os días ás 22:30 horas na baixada ao barrio de Flores