As forzas de Seguridade deteñen a un home que estaba disparando cun revólver na estación de Renfe do Carballiño

3, Decembro 2011

Efectivos da Policia Local e Garda Civil reduciron e levaron preso a un home que se atopaba nas dependencias da estación de Renfe no Carballiño. Os feitos aconteceron minutos antes das 8 da mañá, cando desde a central de seguridade de Renfe alertouse á Policia Local do Carballiño da existencia dun individuo que estaba efectuando disparos e atemorizando ás persoas que a esa hora da mañá estaban na estación carballiñesa de Renfe.

A Policia Local contactou coa Garda Civil para levar a cabo unha actuación conxunta, que estivo a cargo de 4 axentes equipados con chalecos antibalas. Unha vez na estación, deron o alto e procederon a súa detención, comprobando posteriormente que gardaba na maleta un revólver sen detonador e unha caixa de balas de fogueo. O detido, M.R.A.R., de 59 anos de idade, é natural de Madrid, aínda que sen domicilio fixo.