As fosas sépticas de Boborás carecen de mantemento, según denuncia o BNG

24, Maio 2010

A privatización da rede de abastecemento e saneamento do Concello de Boborás, adxudicada fai unhos anos atrás, implicou un empeoramento na conservación das fosas septicas, repartidas por toda a xeografia municipal, asi o puxo de manifesto a Concelleira e Voceira do BNG, Maria Dolores Cachafeiro. Advertidos desta circustancia por varios veciños, os nacionalistas comprobaron "como as fosas presentan en moitos casos un estado lamentable de abandono, e a moitas delas é dificil incluso chegar, debido a maleza existente nos accesos, o que proba que hai tempo que se abandoaron os traballos de limpeza". Mª Dolores Cachafeiro responsabilizou desta problemática ó Alcalde Cipriano Caamaño, xa que "a empresa á que se lle adxudicou o servizo non cumpre cós compromisos adquiridos, e no Concello en vez de obrigar ó seu cumprimento, apróbanlle a suba das taxas". Tamén recorda a portavoz do BNG como "este servizo fora adxudicado en contra do informe dos técnicos e por cabezonería persoal do Alcalde", aclarando ademáis que as fosas apenas se limparon desde que esta empresa se fixo cargo do servizo, cando nas bases de contratación recollíase que todas as instalacións, captacións de auga, depósitos e fosas sépticas, deberían estar en bó estado.