Francisco Fernández, reelixido como presidente da Mancomunidade Turística para un novo mandato

19, Setembro 2019

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, revalidou o seu cargo como presidente da Mancomunidade Turística Terras do Avia, que ven de celebrar a súa sesión constitutiva para o novo mandato.

Fernández, que foi reelixido por maioría, contou cos votos a favor dos membros do Partido Popular e do PSOE que asistiron á convocatoria, en representación dos concellos de Ribadavia, O Carballiñño, Boborás e Leiro, contabilizándose unha abstención, a do grupo de Ribeiro en Común.

Francisco Fernández seguirá así á fronte da mancomunidade, na que exerce o cargo de presidente desde a súa constitución, en 2003.

Para este novo mandato, Fernández sinalou como obxectivos singulares o pulo ás rutas de sendeirismo e a potenciación do camino miñoto, para o que espera conseguir a declaración de Camiño Xacobeo, “sen deixar de sinalar que seguiremos a traballar en todos aqueles proxectos que supoñan promocionar o turismo nos catro concellos e coordinar as nosas accións coas do xeosdestino Carballiño-Ribeiro”.