Francisco Fumega (Bis) investido alcalde do Carballiño para un novo mandato de catro anos

15, Xuño 2019

Fumega seguirá sendo o titular da alcaldía carballiñesa, cargo que obstenta dende o ano 2015 e que renovou este sábado nunha corporación na que agora o PSdeG-PSOE terá mairoría absoluta con 9 concelleiros.

Completan a corporación carballiñesa para este novo mandato o Partido Popular, que ten 4 concelleiros, Espazo Común con 3 concelleiros e o BNG, con 1.

A sesión de contitución do novo concello e a elección e investidura de Francisco Fumega como rexedor municipal desenvolveuse esta mañá de sábado no salón de actos da casa do concello do Carballiño.

A esta sesión plenaria non asistíu o concelleiro electo e líder de Espazo Común Pachi Vázquez, que alegou motivos persoais para xustificar a ausencia, polo que non pudo tomar posesión.