Fumega anuncia que a privatización do servizo de limpeza e recollida do lixo terá un custo de 900.000 euros anuais e "con 7 varredores e 3 máquinas operando a diario nas rúas"

3, Setembro 2019

O concello do Carballiño traballa no prego de bases administrativas para sacar a concurso público á licitación do servizo de recollida de lixo, que pasará a xestionar unha empresa privada, para elo será preciso resolver o contrato que mantén na actualidade o concello carballiñés coa Deputación Provincial.

Según os cálculos de Fumega esta privatización do servizo vai supoñer unha mellora e tamén abaratará o seu custo económico "xa que vimos abonando á Deputación sobre 850.000 euros e creemos que podemos facélo por 900.000 euros anuais, incluindo o servizo de limpeza viaria, que non fai a Deputación".

O rexedor municipal recoñeceu no transcurso da súa intervención nesta emisora de radio a deficiente xestión da limpeza nas rúas e prazas do Carballiño "porque estamos en precario e non podemos contratar novo persoal", unha situación que pretende resolver favorablemente coa futura privatización do servizo "xa que temos previsto que na licitación entren sete varredores e tres máquinas aspiradoras e varredoras".

Fumega manifestou que a mellora da limpeza nos espazos púbicos, asi como da recollida do lixo, será unha das prioridades do goberno municipal carballiñés para este mandato, e recordou que a privatización do servizo xa figuraba no seu programa electoral.