Fumega e Dacal desprázanse a LLeida para promocionar a "Festa do Pulpo"

10, Novembro 2016

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, viaxarán esta fin semana a Cataluña para asistir a un acto de promoción da LV Festa do Pulpo no Centro Galego de Lleida.

Así mesmo, terán unha recepción no concello desta cidade catalana. Ambos eventos terán lugar o luns, 14 de novembro, e enmárcanse no contexto da celebración das Xornadas Culturáis Federación Casas Rexionais que coincide co XXXV Aniversario da Federación de Casas e Centros Rexionales de Lleida.

A visita prodúcese por invitación da directiva do Centro Galego de Lleida, presidida por Xosé Terceiro Folgar. Esta entidade foi fundada no ano 1977 e conta na actualidade con máis de setecentos socios, na súa maioría galegos.

Ten unha sede cun salón de actos e unha copiosa biblioteca de mais de 3.000 volúmenes e desenvolve multitude de actos culturáis e festivos durante todo o ano. Incluso celebra a súa propia Festa do Polbo, que vai xa pola 19 edición.

Neste mes de novembro teñen lugar as Xornadas Culturáis Federación Casas Rexionais, que comezan o día 10 e rematan o día 20. Como un dos actos previstos e anunciados está a promoción da Festa do Pulpo do Carballiño, e por iso tanto o alcalde como o concelleiro de Turismo recibiron unha invitación para disertar sobre este evento festivo.