Fumega e Marnotes avanzan a relación de obras incluidas no acordo entre alcaldía e Partido Popular, nas que se investirán 2,1 millón de euros

13, Xullo 2018

O alcalde Francisco Fumega e o portavoz do grupo municipal popular Argimiro Marnotes protagonizaron unha comparecencia conxunta na que deron a coñecer a relación de obras e actuacións que se van levar a cabo cun orzamento total de 2,1 millóns de euros, dos que 1,2 proceden de fondos do propio concello, 0,5 son aportados pola Deputación e 0,4 procedentes de achegas económicas da Xunta.

O plan de obras anunciado é conscecuencia do acordo alcanzado entre a alcaldía e Partido Popular, e que propiciu a aprobación dos orzamentos municipais para este exercicio de 2018.

Unha importante parte deste plan de obras inclúe melloras de reposición de saneamento, beirarrúas e asfaltado nas rúas Cuba, Brasil, Uruguai, Venezuela, República Argentina, Alberto Vilanova, San Cibrao, campo da festa de Mesego e nesta mesma localidade na praza e o acceso á igrexa parroquial.

Tamén se completará a consolidación da área da Praza da Veracruz, construcción de beirarrúas e asfaltado en Eusebio Lorenzo, e mellora no firme e beirarrúas en Blanco Amor, e proxectaráse unha nova rúa entre a rúa Cerca e a rúa dos Canteiros.

Outra zona que será obxeto destas obras de mellora vial será a que abrangue ao pavillón de deportes Paco Chao e nas rúas Volante, Pico Seco, Pena Grande e Castelao, asi a accesiblidade ao novo balneario de Partovia dende a localidade de Montegrande.

Redactaráse o proxecto de recuperación da Ponte Medieval de Veiga e a súa contorna, na que incluiráse a execución dun enlace dende o paseo fluvial do Arenteiro ata o Bañiño de Arcos, bordeando o río Arenteiro.

Neste plan, tamén figura unha inversión de 130.000 euros para a reforma integral do parque infantil da Alameda, que incluirá a creación dunha zona cuberta.

Construiráse unha nova zona infantil e de lecer no barrio de Toscaña, nun espazo público e cun orzamento doutros 130.000 euros.

Cunha achega económica concedida pola Xunta de Galicia abriráse un novo vial no parque empresarial con acceso directo ao Eixo do Ribeiro.

As melloras tamén chegarán á zona rural, con obras hidráulicas nas localidade de Madarnás e Boedes, e acondicionamento do sistema viario en Zafra, Mosteiro, O Varón, Sagra e Miomás.

Outro capítulo a destacar é o destinado a reformas nas iluminacións públicas, repoñendo cadros eléctricos e dándolle continuidade a implantación da tecnoloxía LED.