Fumega e Pepe Castro-Gil fan público o acordo de socialistas e populares para gobernar o concello nos estudos de COPE O Carballiño. Escóitao aquí.

18, Xuño 2024

A última hora da mañá deste martes 18 de xuño os grupos municipais de PSOE e Partido Popular asinaban o acordo para gobernar xuntos o concello do Carballiño para os próximos tres anos, que son os que restan para completar o actúal mandato municipal.

Minutos despóis, a primeira hora da tarde os dous principais artífices deste acordo, o alcade socialista Francisco Fumega e o portavoz do grupo popular Pepe Castro-Gil, facían pública esta decisión política inédita na vida política local e comarcal ante a audiencia de COPE O Carballiño, no transcurso dunha entrevista con Xan Pinal.

Podes escoitar a súa intervención íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño: