Fumega presentase como candidato socialista á Alcaldia defendendo "unha política para as persoas"

24, Xaneiro 2011

A familia do PSOE deuse cita na casa da cultura para acompañar a Francisco Fumega no seu primeiro acto público como candidato socialista á Alcaldia do Carballiño nas vindeiras eleccións municipais de maio. Na casa da cultura, ante afiliados, simpatizantes, Alcaldes e o seu mentor político, Pachi Vázquez -agora Secretario Xeral dos socialistas galegos- Fumega proclamou que chega á política local coa intención de traballar polo Carballiño e defender "unha política para as persoas". O Candidato Socialista utilizou unha metáfora para explicar o que pretende facer "nestes 16 anos fixemos o edificio, as zapatas, as planchadas, os tabiques e algo tan importante como o tellado...agora fáltanos amoblalo para que a xenta viva ben e se sinta cómoda". Fumega referíuse os 3 eixos fundamentais nos que vai incidir no seu programa electoral, como serán "unha concellería de traballo e promoción económica, que capte diñeiro de Europa e Madrid, ónde sabemos movernos moi ben, unha concellería de participación cidadán e outra gran concellería de servizos sociais". Tampoco obviou o Candidato Socialista a actúal problemática económica e demográfica que nos afecta "con aldeas e casas cunha sola persoa maior" polo que prometeu que se traballará en programas de asistencia a domicilio. Francisco Fumega, de 49 anos de idade, é doctor en xeografía, na actualidade é xerente da Sociedade Empresarial do Atlántico, e antes foi Delegado Provincial de Medio Ambiente na etapa do bipartito.