Fumega promete un 2021 con catro millóns de euros en obras no concello do Carballiño, tanto na zona urbana como no rural "investirémos 140.000 euros en cada parroquia"

3, Decembro 2020

O alcalde do Carballliño avanza un 2021 que será o máis inversor dos últimos anos "van investirse case catro millóns de euros en obras, imos darlle unha volta tanto o rural como a vila,  O Carballiño non o vai coñecer nin quen o inventou", remarcou , no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño. Aclarou, ademáis, que serán sufragadas con fondos municipais "se ben é certo que solicitarémos axudas á Xunta para completar a financiación, pero en todo caso están aseguradas igualmente", dixo.

Fumega tamén avanzou que as inversións repartiránse a partes iguais entre a zona urbana e o rural "investirémos 140.000 euros en cada unha das parroquias" e entre as actuacións que se levarán a cabo no ámbito urbano citou a obra de reforma integral da rúa Ourense "que sobrepasa o medio millón de euros, e incluirá redes de saneamento e abastecemento, beirarrúas, iluminación, rotonda e pavimentación, será unha das obras que se executarán o ano que ven", asegurou.

Investigacións xudiciais

O rexedor municipal manifestou que non está seguindo o xuizo que se está celebrando estes dias aos exalcaldes Pachi Vazquez e Carlos Montes, xulgados por presunta prevaricación continuada na contratación de traballadores municipais no concello do Carballiño entre 1999 e 2011, Fumega confesou que "estiven máis centrado na acusación que me fixeron a min por non derrubar un ático nun edificio da rúa Principal, o que fixen foi e será cumplir a legalidade urbanística, pasaréi á historia por ser o alcalde que derrubou un ático que leva 20 anos en situación irregular", subliñou.

Reapertura de parques infantís

Fumega anunciou nesta intervención radiofónica en COPE O Carballiño a reapertura dos parques infantís "de inmediato, estamos evaluando a apertura dos parques da Veracruz, Catro Camiños e o da Alameda, aínda que precintarémos o tobogán porque non temos medios para poder desinfectar". O alcalde eloxiou a lección dos cativos carballiñeses durante a pandemia "están tendo un comportamento exemplar, vou escribirlle aos Reis Magos para pedirlle algo especial para eles", destacou.