A Garda Civil confirma a localización do cadáver da muller que levaba desaparecida en Rubillón-Avión desde o pasado dia 16 de novembro.

9, Decembro 2025

A primeira hora desta tarde de martes a Garda Civil informou o achádego do cadáver de Manuela Conde, a muller veciña de Casfigueiro no concello de Piñor e de 73 anos de idade, que levaba desaparecida desde o pasado dia 16 de novembro no lugar de Rubillón, no concello de Avión, onde se encontraba de visita familiar.

A Garda Civil de Beariz ven de confirmar que o cadáver encontrado esta mañá é o desta muller. Foi o seu fillo quen a localizou nunha paraxe montañosa nas inmediacións la localidade de Acevedo, no mesmo concello de Avíón.