A Garda Civil de Leiro detén a catro mozos, dous deles menores de idade, polo roubo nunha vivenda

29, Abril 2010

A Garda Civil de Leiro procedeu a dentención de catro mozos, dous deles menores de idade, e todos veciños de Ourense, como presuntos autores dun delito de roubo con forza, no que ademáis causaron destrozos no interior dunha vivenda en Leiro, onde se apoderaron de moedas e billetes antigos, asi como varias botellas de bebidas alchohólicas, valorando o propietario en mil euros a contía do roubo. Ademáis dos dous menores de idade, a Garda Civil de Leiro tamén prendeu a D.S.R. de 18 anos, e O.R.M. de 20 anos, que hoxe pasarán a disposición xudicial.