A Garda Civil detén de madrugada a dous mozos cando intentaban entrar nunha moblería de Maside

9, Xaneiro 2013

Os axentes sorprenderon aos dous mozos en plena faena, cando estaban forzando a porta de entrada a unha moblería sita no municipio de Maside.

Os dous detidos, de 25 e 29 anos de idade, son veciños da cidade de Vigo. A Garda Civil prendeunos na pasada madrugada como presuntos autores dun delito de roubo con forza, agora pasarán a disposición xudicial.