A Garda Civil detén a un veciño do Carballiño tras bater de forma intencionada o seu coche contra o da súa exparella.

4, Febreiro 2019

Un home nacido no ano 1989 e veciño do Carballiño foi detido nesta tarde de lúns por un presunto doble delito, de violencia de xénero e contra a seguridade vial.

Os feitos sucederon a media tarde nas inmediacións da estación de Renfe do Carballiño, e según o relato policial e testigos presenciais, este home bateu de forma intencionada o seu vehículo contra o da súa exparella, que se encontraba estacionado nese momento, ademáis no interior do turismo tamén se encontraba un fillo, ambos non sufriron danos.

Quen sí tivo que ser asistido foi outra persoa que estaba falando coa muller a través da ventaniña do coche, a consecuencia do impacto resultou alcanzado e tivo que ser trasladado ao PAC do Carballiño.

O arrestado deuse posteriormente á fuga, non obstante Policia Local e Garda Civil conseguiron localizálo posteriormente, negandose a facer a proba de alcoholemia. Foi arrestado e trasladado ás dependencias da Garda Civil, á espera de pasar a disposición xudicial.