A Garda civil recupera xoias e diñeiro e detén os presuntos autores dos roubos

25, Abril 2013

A Garda Civil do Carballiño procedeu a detención de dúas persoas como presuntos autores de varios delitos de roubo, mediante engano.

A investigación iniciouse tras ter constancia de dúas denuncias, unha presentada o dia día 24 de abril  por un veciño de Castrelo do Miño, e outra presentada durante a mañá de hoxe no Cuartel de Tamallancos, por un veciño da Perosa, na que relatan ter sido vítimas de enganos por persoas novas, que tras facerse pasar por traballadores dunha empresa eléctrica, co fin de revisar os contadores, e solicitarlle as facturas eléctricas para cotexar datos, accedían ás vivendas, e mentres un deles entretiña ao propietario, o outro aproveitaba para apoderarse de xoias e diñeiro.

Os dous detidos na operación da Garda Civil do Carballiño, de 33 e 25 anos de idade respectivamente, son veciños de Madrid e Vigo. Recuperouse a totalidade das xoias roubadas e do diñeiro.

A Garda Civil mantén aberta a  investigación, ao obxecto de poder imputarlles outros feitos delitivos cometidos na comarca.