Hermetismo total nas negociacións sobre o pacto: Montes elude pronunciarse e Asunción Rivero dí que non sabe nada

9, Setembro 2009

"Preguntádelle ós do BNG" , asi constestou o Alcalde Carlos Montes á pregunta sobre o reinicio das negociacións que manteñen socialistas e nacionalistas á procura dun acordo para establecer un goberno bipartito no Concello do Carballiño.Tampouco foi moito máis explícita a Concelleira de Servizos Sociais, a socialista Asunción Rivero. Preguntada sobre esta mesma cuestión, a Concelleira evitou dar información algunha sobre o estado no que se atopan as negociacións, e incluso chegou a afirmar que non sabía se chegara a celebrarse esa reunión que onte desvelamos desde Cope O Carballiño.Tamén dixo que estas negociacións -se existen- terían que levarse con total discrecionalidade.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións de Asunción Rivero concelleira do PSOE