Historia, música, teatro e gastronomía no 4º Festival Céltico de San Amaro, este sábado 20 no Castro da Cidade.

18, Setembro 2025

O castro de San Cibrán de Lás acollerá este próximo sábado, día 20 de setembro, o cuarto Festival Céltico unha xornada organizada polo concello de San Amaro e rememorando os tempos nos que os nosos antepasados habitaban esta terras ubicadas entre actuaís oconcellos de San Amaro e Punxín.

O evento comezará ás 12:30 horas coa Benvida do Druída, a música ancestral e a degustación gastronómica castrexa. Ás 13:30 horas teatro “Pelexa entre A Lúa e Ou Ferro” e ás 14:30 horas a comida popular.

Pola tarde, haberá demostración de artesanía castrexa, tiro con arco, xogos de habilidade así como “Segredos e voces ocultas de Ou Castro” con Felipe Senén e Xurxo Souto. Completaráse a xornada festiva coa degustación de porco celta ás 21 horas e concertos de Gabi Reboredo e Zeltia.

Este ano, o Festival rende homenaxe ao "druída" Victor Gulías, falecido recentemente, e gran colaborador e animador nos últimos anos desta festa histórica.