A Hostalaría local ofrece 29 formas de degustar ovos nunha nova edición da ruta das tapas, dedicada ás parroquias do concello carballiñés

30, Marzo 2016

Os establecementos hostaleiros do Carballiño ofrecerán este venres, 1 de abril, vintenove formas diferentes de degustar os ovos.

Este produto, que é básico na alimentación e, sobre todo, nas casas do rural, é o elemento esencial desta nova edición da Ruta das Tapas, que fai a numero seis e se adica, ademáis, ás dezaséis parroquias que conforman o concello do Carballiño.

De feito, ao acto de presentación que tivo lugar hoxe no salón de sesións do concello, asistiron representantes de todas as asociacións veciñáis. Entre eles, o presidente da Federación veciñal. Falou en nome de todos Manuel Reboredo, que agradeceu a dedicatoria e aplaudiu a iniciativa.

O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a concelleira de Medio Rural, Rosario González. Diego Fernández salientou a importancia das parroquias na vida da vila e o significado da dedicatoria, que vai máis alá da gastronomía e da promoción dun sector tan importante no Carballiño como o hostaleiro.

O concelleiro fixo fincapé na promoción desta iniciativa que, ainda que está xa moi consolidada, é un evento que atrae en cada edición a máis visitantes. Asemade, xustificou a ausencia do alcalde e do concelleiro de Turismo, que se atopa convalecente.

Os pinchos ofrecidos hoxe como mostra polos representantes da hostalería van dende o tradicional prato de ovos fritidos con xamón, ata arepas, nidos de ovo ou madalenas de ovo con pementos. Son só unha parte das vintenove formas culinarias de preparar uns ovos que se poderán degustar, ao prezo de 1 euro, a partir das oito da tarde deste venres, nos mesóns e cafeterías integrados na Ruta das Tapas