A hostelería carballiñesa agarda unha boa ocupación nesta Semana Santa

23, Marzo 2018

A oficina municipal de Turismo permanecerá aberta ao público durante a Semana Santa. En horario de 10,00 a 14,00 h., e 16,00 a 20,00 h., de xoves a sábado, e de 10,00 a 14,00 h., o domingo, a oficina estará aberta para facilitar aos visitantes canta información precisen sobre actos e actividades de ocio e lecer, así como dos balnearios, hoteis e restaurantes.

Así mesmo, están programadas diversas visitas e rutas guiadas, que partirán da oficina de turismo:

-ROTEIRO PARQUE MUNICIPAL E GRAN BALNEARIO. Xoves, 29 de marzo. Hora: 17:15 h. Duración: 1.30 h. Inclúe a visita ao Parque Municipal e ao Gran Balneario.

-ANDAINA ROTEIRO DOS ARRIEIROS. Venres, 30 de marzo. Hora: 17:00 h. Data límite para anotarse 14:00 h (mínimo 5 persoas). Distancia: 9 Km. Dificultade: Media-Baixa. -

PERCORRIDO POLA VILA. Sábado, 31 de marzo. Hora: 12:00 h. Duración: 1.30 h. Percorrido: Praza Maior, Rúa Principal, Barrio de Flores, Alameda, Templo da Veracruz. Os balnearios e hoteis tamén ofertan servizos e estancias durante os días festivos desta Semana Santa.

A ampla variedade tanto de servizos termais coma de aloxamento e manutención, pode consultarse nas páxinas web do Balneario das Caldas de Partovia e Gran Balneario, así como nos hoteis, que ofertan uns prezos moi competitivos para atraer aos visitantes durante estas vacacións