A hostelería carballiñesa poderá instalar terrazas durante todo o ano

13, Xaneiro 2011

A actúal normativa en vigor no Concello do Carballiño tan só permite a intalación de terrazas desde xuño a setembro. Agora, as ordenanzas municipais serán modificacadas para permitir a instalación de terrazas de forma permanente e durante os 12 meses do ano, foi ésta a decisión que os responsables municipais comunicaron ós 30 hosteleiros que acudiron á convocatoria feita para tratar esta petición que, desta maneira, é atendida polo goberno do Concello do Carballiño. O acordo cumple asi as expectativas da hostelería local, que poderán ofrecer no exterior dos locais unhos espazos acondicionados para os fumadores. Trala reunión, a Concelleira de servizos públicos, Maria José Pérez, avanzou que mentres non se aproba a nova normativa e tendo en conta que aínda levará o seu tempo "tratarémos de buscar unha vía legal para que os hosteleiros poidan instalar as terrazas xa a partir da semana que vén". A Concelleira recordou como a instalación de terrazas permanentes "é algo habitual nos países europeos, ademáis é un atractivo máis para ver os pobos máis bonitos e animados". Pola súa parte, o Concelleiro de turismo, Manolo Dacal, que tamén participou nesta reuníon cós hosteleiros, informou dos aspéctos técnicos e estéticos que deberá regular a instalación de terrazas, con mesas de aluminio e toldos en 2 cores,granate e verde. Na actualidade, son 65 os locais que tiñan concedida autorización para a instalación de terrazas no Carballiño.