Iago Fariñas, que será o portavoz do futuro goberno bipartito do concello do Irixo, explica o por qué da moción de censura. Escóitao aquí.
O próximo dia 29 ás 12:00 horas celebraráse o pleno extraordinario da corporación municipal do Irixo para votar a moción de censura presentadada contra o alcalde do Partido Popular Manuel Cerdeira, asinada polos cinco concelleiros que suman Xuntos Polo Irixo (3) e PSOE (2).
No audio adxunto podes escoitar a entrevista a Iago Fariñas, o concelleiro socialista e futuro portavoz do goberno bipartito, na que defende a necesidade desta moción de censura que levará ao Partido Popular a perder a unha das súas alcaldías históricas na comarca, unha alcaldía que o PP obstentaba desde o ano 1995.