A instalación das atraccións festivas motiva cámbeos para o tráfico e a ubicación de taxis e colectores do lixo

12, Setembro 2016

A instalación das atraccións de feira con moitivo da celebración das festas patronais obriga ao corte do tráfico en diversos tramos das rúas máis céntricas da vila.

Trátase das rúas Conde Vallellano, Rúa Norte, Xullo R. Soto e Curros Enríquez. Así, dende hoxe e durante toda a semana, os tramos afectados son: Rúa Conde Vallellano, dende a intersección coa rúa Aldara ata o cruce coa rúa do Paseo. Xullo R. Soto, dende o cruce da Alameda ata a intersección coa rúa Cuba. Rúa Norte, na súa totalidade. Rúa Curros Enriquez, dende a intersección coa rúa Conde Vallellano ata a Praza de San Ramón.

Asemade, os días 15, 16 e 17 permanecerá cortada a rúa Aldara, no tramo da Praza Maior, dende primeira hora da tarde e ata a madrugada, pola colocacións das orquestras.

O sábado 17, día da festividade de San Cibrao, a partir das 11,30 h., e ata as 12,30, restrinxirase o tráfico nas rúas Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Aldara e Cesáreo Tizón pola procesión do patrono do Carballiño.

PARADA DE TAXIS
Asemade, a parada de taxis da rúa Norte (Alameda) pasa á rúa Conde Vallellano, entre as confluencias coas rúas dos Canteiros e Evaristo Vaamonde.

CONTENEDORES DE LIXO
Os contenedores do lixo que se atopan na Alameda e na rúa Xosé Pontes, preto do bar Soldado, cambiarán a súa ubicación á parte baixa da Alameda, fronte á panadería La Creme, e á rúa Cerca e dos Canteiros, respectivamente.