Javier Lamas Míguez preside a nova Agrupación Local Socialista de Boborás

4, Novembro 2015

O PSdeG-PSOE conta cunha nova agrupación local no concello de Boborás, que quedou constituída no transcurso dun acto ao que acudiron representantes provinciais e comarcais do partido, como o secretario comarcal Guillermo Dopazo ou o deputado provincial Francisco Fraga.

Tralas eleccións municipais do pasado mes de maio, o PSdeG quedouse por vez primeira na historia da democracia sen representación na corporación municipal de Boborás, ao acadar tan so o 6,45% da porcentaxe de votos.

Agora, os socialistas tratan de recuperar a presenza na vida política do concello de Boborás e para elo veñen de constituir unha nova agrupación local que encabeza Javier Lamas Míguez, cabeza de lista da candidatura do PSdeG nas pasadas eleccións municipais.