José Luis González fixa como obxetivo gañar a alcaldia de Piñor en 2015

19, Novembro 2013

 Optaba á reelección como presidente local do Partido Popular e acadou o 100% de apoio dos compromisarios que depositaron os seus votos.

O congreso local dos populares celebrouse no local social da Canda, na localidade de Cotelas. Durante a súa intervención, José Luis González lembrou o intenso traballo que conlevou a reestructuración do PP en Piñor “para volver a rexurdir o Partido Popular de Piñor e crear ilusión entre os máis novos, e confianza entre os máis lonxevos. Os resultados deste traballo foron reflexándose nos apoios acadados ó longo das diversas convocatorias de eleccións”.

 O reelixido presidente local dos populares manifestou tamén que “quero presidir e formar parte dun partido grande, entendido como a máxima expresión da palabra; dun partido unido, dun partido para todos, no que a mocidade aporte novas ideas e os máis veteranos a experiencia de moitos anos traballando por o noso pobo, Piñor”.

 Por último, José Luis González sinalou que “dende mañá mesmo poñerémonos a traballar para solucionar os problemas dos nosos veciños, para facerlles ver a nefasta xestión que está facendo  o PSOE no noso Concello e para que depositen en nós a confianza necesaria para que o Partido Popular gañe as eleccións municipais de maio de 2015, e Piñor e os seus veciños; teñan o que se merece: unha xestión municipal eficiente para todos. Ese é o noso obxectivo, polo que insisto: co esforzo e o traballo de todos o éxito está asegurado”, algo no que tamén abundou o vicesecretario do PPdeG, Agustín Hernández, que tomou a palabra para agradecer "o intenso traballo levado a cabo no Partido Popular de Ourense, e que se ve refrendado en todas e cada unha das citas electorais".