José Manuel Iglesias "Cadavid" toma o bastón de mando no concello de Maside

3, Decembro 2018

O concello de Maside conta con novo alcalde tras a celebración dun pleno da corporación municipal no que todo se desenvolveu según o guión acordado no grupo socialista, que goberna o concello con maioría absoluta.

Tras formalizar a súa renuncia como alcalde, Celso Fernández agradeceu a toda a veciñanza, á corporación e aos traballadores municipais a colaboración recibida no transcurso dos últimos anos.

Unha vez efectuada votación para a elección de novo alcalde, o secretario do concello deu conta do reconto: 7 votos (os 7 do grupo socialista) a favor de José Manuel Iglesias e 4 votos (Os 4 do grupo popular) para Alejandro González.

Na súa primeira e breve intervención tras ser proclamado como alcalde, Jose Manuel Iglesias "Cadavid" agradeceu ao seu grupo a confianza e anunciou que neste mesmo mes de decembro convocará á corporación nun pleno extraordinario para avanzarlle as ideas e proxectos que pretende levar a cabo nestes apenas seis meses que restan para completar o actúal mandato municipal.