José Manuel Iglesias confirma que será o candidato do PSOE á alcaldia de Maside

29, Xaneiro 2019

Leva apenas 2 meses exercendo como alcalde, tras a renuncia de Celso Fernández, nun concello que os socialistas gobernan dende fai anos con maioría absoluta.

José Manuel Iglesias aproveitou unha intervención radiofónica en COPE O Carballiño, e preguntado por  elo, para anunciar que concurrirá no vindeiro mes de Maio como cabeza de lista do PSdeG-PSOE no municipio de Maside "esa é a miña idea e a do meu grupo", dixo.

Nesta mesma entrevista, o rexedor municipal anunciou que trasladará ao pleno da corporación convocado para este mércores dia 30 a súa proposta para rebaixar os impostos municipais do IBI e o ICIO para o próximo exercicio no concello masidao.