Kennedy regresa para reforzar ao Arenteiro

20, Xaneiro 2012

O xogador nixeriano, afincado en Vigo, regresa asi unhos meses despois á disciplina do Arenteiro, no que militou na última tempada, sendo o máximo goleador do equipo.

Kennedy Félix Anasiudu, de 31 anos de idade, xa adestrou esta semana ás órdes de Dacosta, e con toda probabilidade estará xa en condicións de debutar este domingo no partido que o Arenteiro xogará en Espiñedo fronte ao Monterrei. Kennedy asinou có Arenteiro para ésta e as dúas próximas tempadas.

A idea do Presidente, Antonio Iglesias "Cadavid" é seguir apuntalando o equipo para esta segunda e definitiva volta do campionato, na loita polo ascenso á preferente. Desta maneira, nos proximos dias podian ficharse un defensa e un centrocampista.