Localizan o cadáver dunha muller no río Arenteiro, nas inmediacións da antiga fábrica de papel

7, Novembro 2023

Aconteceu a primeira hora desta tarde de martes dia 7 de novembro. A Policia Local do Carballiño alertou ao 112 da aparición do cadáver dunha muller nas augas do río Arenteiro, no tramo que vai entre a piscifactoria e a antiga fábrica de papel.

Foron os bombeiros do parque comarcal os encargados de rescatar o cádaver, e será o informe forense o que determine a causa da morte.  A súa vez, a investigación policial deberá aclarar as circustancias que rodean a aparición do cadáver desta muller.

Según as primeiras informacións facilitadas pola Policia Local do Carballiño a muller presentaba un golpe no rostro, sen que se observasen outros signos claros de violencia. Tamén parece confirmarse que o cadáver correspondese cunha veciña da parroquia de Veiga, de 89 anos de idade.