Luis Boyano presenta este sábado no auditorio o seu espectáculo "Magia...y más allá". Cine e teatro completan a Axenda da Fin de Semana, no Carballiño, Boborás e Leiro. Consulta aqui todos os horarios.

2, Decembro 2022

Luis Boyano presenta este sábado dia 3 de decembro ás 7 da tarde no auditorio do Carballiño o seu espectáculo "Maxia...e Máis aló"

Pallaso de corazón, ilusionista e comunicador nato, un showman. Luís Boyano é moito máis que un mago, é un cómico, un mimo e sobre todo un gran ilusionista que sobre o escenario non deixa un segundo para a reflexión ou o descoido.

En “MAXIA...E MÁIS ALÓ”, o público gozará e participará activamente durante toda a actuación. Porque continuamente a sorpresa se lapela coa gargallada, e viceversa ata o final do seu show.

Ademais, como broche final contaremos co seu acto “A CABINA DOS ESPIRITUS”, co que foi galardoado co Premio Nacional e posteriormente o Mundial de Maxia no ano 2000.

"Coa cabina espiritista, Luís Boyano e Karla regresan aos escenarios o misterio e a intriga da maxia espectral de finais do século XIX e comezos do XX. É fermoso ver como aqueles efectos e manifestacións seguen emocionando e sorprendendo ao público do século XXI. A cabina é todo un clásico que se nos presenta cun estilo actual e renovado nesta versión".

Ademáis, na carteleira cinematográfica temos dúas películas para ver, no auditorio do Carballiño a película dos venres do Cine-Club, que proxecta "Utama" ás 20:00 e 22:30 horas. Mentres, o Novocine de Leiro proxecta ata o xoves dia 8 a nova película de Santiago Segura "A todo tren-2", en horarios diarios ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.

E dous espectáculos de teatro. O sabado 3 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Boborás as actríces Estefi Llaryora e Pepa Barreiro presentan "Loló&Mamá", baixo dirección de Esther Carrodeaguas. E na tarde do domingo, ás 18:00 horas no auditorio do Carballiño, unha proposta de teatro infantil con "A Tartaruga Manola".