Lúns negro para o tráfico no Carballiño: dous atropelos e unha saída de via nas primeiras horas da mañá

5, Novembro 2018

Ata 3 accidentes de tráfico se rexistraron esta mañá no Carballiño, que se saldaron con 3 persoas feridas que foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

De forma cronolóxica, o primeiro percance rexistrábase ás oito e cuarto da mañá na Avenida de Compostela, no paso de peóns a altura da rúa Serra Martíña e a rúa Castelao, onde resultou atropelado por un vehículo un home,  J.R.V., natural de Leiro aínda que na actualidade con veciñanza na Avda do Balneario do Carballiño.

Tamén no trasncurso desta mañá de lúns, foi atropelada unha muller, neste caso na rúa Evaristo Vaamonde, nas inmediacións do Supermercado Eroski.

O outro accidente foi en forma de saída de vía dun automóbil, ás nove e media da mañá, na estrada  OU-504, ao seu paso polo Parque Empresarial do Carballiño.

Os operativos de emerxencias mobilizaron a Policia Local, Garda Civil, Grupo Municipal de Emerxencias e os servizos sanitarios do 061.

Foto: Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño.