Mónica Piñeiro, do Fluvial Avión, subcampeona da copa de España de Piraguismo

20, Abril 2015

A palista do Club Fluvial Avión conseguíu unha meritoria medalla de plata na copa de España de Piraguismo de mil metros, celebrada no encoro asturiano de Trasona.

Mónica Piñeiro competía coas mellores de España na categoria de veteranas. Outro palista do Club Fluvial Avión, Pedro Andrés, clasificouse en 6ª posición na semifinal da categoria masculina de 35 a 39 anos.