"A Mañá de Cope" emite o seu programa desde o concello de O Irixo con motivo da X Festa do Cabalo

30, Xullo 2010

(Redacción. Rocío Campos) "A Mañá de Cope" desprazouse esta semana ata o concello de O Irixo para coñecer mellor a súa historia. Un  concello que conta con 120 km de extensión e onde entre os veciños abunda o apelido Nogueira, mostra diso dous dos nosos convidades no programa Antonio Nogueira, dueño do xeriátrico Nosa Señora da Sela e recoñecido construtor e Elisa Nogueira, veciña da parroquia de Campo. Pero durante a mañá tamén tivemos ocasión de falar co teniente alcalde do concello, Manuel Cerdeira "Lito".

Antonio Nogueira contábanos que O Irixo é un concello onde en tempos atrás houbo moita inmigración, maioritariamente cara o País Vasco. Pero non so houbo emigración a Euskadi, senón que tamén era común que veciños das parroquias de Dadín e do Campo emigrasen a países europeos como Alemania e Francia.

No seu papel de constructor, o cal xa leva construido ó redor de doce pisos en O Carballiño, aseguraba que cerca de mil pisos de O Carballiño pertencen a veciños de O Irixo. En canto á residencia xeriátrica Nosa Señora da Sela, que non hai moito iniciou a súa actividade, está considerada unhas das máis completas e modernas da provincia de Ourense cun entorno que conta con cerca dos 4000 km2.

Elena Nogueira, María e Irene son as tres integrantes da comisión de festas do Irixo que de última hora acordaron organizar as festas do quince que terán lugar os días 14, 15 e 16 de agosto. Elena aseguraba que para ter máis información sobre o cartel habería que esperar uns días.

O último dos convidados desta maña foi o teniente alcalde, Manuel Cerdeira "Lito", o cal aseguraba que a emisión do noso programa dende o concello e a Festa do Cabalo eran o pistoletazo de salida dunha serie de acontecementos festivos. O domingo 1 de agosto celébrase a décima Festa do Cabalo que desde as 12:00 horas acolle diferentes concursos de beleza, andadura e trote e unha comida popular con pulpo e carne o caldeiro.  Unha festa que se celebra desde hai dez anos, pero onde a tradición se remonta os anos noventa celebrando, incluso, curros nos pobos de Parada de Labiote e Carballeda. Outra das actividades previstas para este verán está dirixida ós máis cativos, xa que durante os días 9 e 13 de agosto realizarase un campamento urbano nas instalacións da praia fluvial de O Irixo. O día 14 celébrase a X Festa do neno onde a partir das 16.00 horas disfrutarán de diferentes actividades como hinchables, touros, tobogáns e unha festa da espuma.

Manuel Cerdeira tamén falou de diferentes temas municipais que afectan ó concello, entre os que destacan as obras do AVE. Debido a iso, as estradas secundarias de diferentes parroquias víronse moi afectadas, as cales xa están rematadas e melloradas na súa maioría. As que aínda non están rematadas son as obras do AVE, xa que ó concello aféctanlle os dous trazados que están previstos “Ourense-Santiago” e “Ourense-Vigo”. En canto á construcción da estación de mantemento realizada pola empresa COPASA e que se atopa nas instalacións da estación de trens de O Irixo creará moitos postos de traballos tanto directos como indirectos para o concello. A maioría do trazado do AVE irá por viaducto ou túnel, de aí que o túnel que empezará na zona de Prexigueiro e terá a súa saída en Cerdedo esté considerado como o terceiro máis grande de España cunha lonxitude aproximada de 16 km.  Outro dos proxectos que pon en marcha o concello de O Irixo está relacionado co programa de cooperación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O Irixo conta cunha poboación moi envellecida de aí que se leven a cabo tarefas de acondicionamento de espazos públicos e de asistencia a domicilio. Para rematar, o teniente alcalde falou tamén das obras do Plan E previstas para este ano. O concello contaba cunha cantidade de 202.000 euros, a cal invertiron en aforro enerxético facendo unha reforma de todo o alumeado público.